Varios mortos polo derrube dun edificio en Camboya

De momento sete traballadores morreron este sábado e 18 resultaron feridos polo derrube dun edificio de sete plantas en construción na cidade costeira de Sihanoukville (sur de Camboya), mentres que decenas permanecen atrapadas, segundo informaron as autoridades locais. O derrube do edificio propiedade dunha compañía chinesa produciuse á 05.00 hora local (22.00 GMT do venres) e os equipos de rescate seguen buscando sobreviventes. “Hai máis de 30 persoas atrapadas nos entullos do edificio”, dixo na súa páxina de Facebook o ministro de Información de Camboya, Khieu Kanharith, que confirmou que tres vítimas, dous obreiros e un tradutor, son de nacionalidade camboyana. A costeira cidade de Sihanoukville vive un auxe de construción de hoteis e casinos por parte de investidores chineses dirixidos principalmente a turistas dese país.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha