Varios percebeiros rescatan en Muxía a un compañeiro que caera ao mar

Rescate percebeiro en Muxía_Facebook PC Muxía

  • Segundo as primeiras hipóteses, o home puido sufrir unha indisposición antes de caer á agua

Un home tivo que ser rescatado na mañá deste martes ao caer á agua na zona da praia de Arnela, no concello de Muxía. Segundo as primeiras hipóteses, o percebeiro puido sufrir unha indisposición xusto antes de caer ao mar.

A vítima foi rescatada por varios compañeiros que se atopaban pola zona, sendo trasladada ata a beira da praia nunha embarcación para, posteriormente, ser evacuada ao CHUAC nun helicóptero medicalizado para a súa avaliación.

No operativo participaron membros de Protección Civil de Muxía, Policía Local, persoal do 061, o equipo médico do centro de saúde de Muxía e tamén ADC Bombeiros Costa da Morte.