Varios rexistros e seis detidos nun operativo antidroga en Carballo e A Laracha

Arquivo.

Carballo e A Laracha foi na mañá deste martes o eixe central dun operativo antidroga cunha ampla despregadura de axentes da Garda Civil que culminou con cinco rexistros e seis persoas detidas, cinco mulleres e un home. O operativo contou coa participación de máis de medio centenar de axentes, que efectuaron rexistros domiciliarios na avenida de Fisterra de Carballo, así como O Sisto, Xoane e A Ponte Rosende. Ademais tamén se efectuou outro rexistro na localidade da Laracha. No marco do operativo e tras os rexistros efectuáronse varias detencións, cando menos seis. A causa, que dirixe o Xulgado número 1 de Carballo, atópase baixo segredo de sumario e non se descartan novas detencións. Segundo fontes consultadas, este martes tamén se trataba de localizar a varios individuos da zona de Carballo que perpetraron un atraco en Vimianzo.

Related posts

Zas acolleu a presentación do libro “Que quede entre nós”

O Festival de Humor da Laracha regresará no mes de maio

A parroquia de Carballo cede un local á asociación Un Paso Máis para facilitar a súa actividade social