Varios tornados deixan morte e destrución no Medio Oeste e sur de EEUU

1 minutes read

Sobe a 18 o número de mortos a causa dos potentes tornados que golpearon o Medio Oeste e o sur dos Estados Unidos, con Arkansas, Illinois, Indiana, Misuri, e Tennessee como os estados máis afectados. En Illinois, os tornados derrubaron o teito dun teatro repleto durante un concerto de heavy metal, matando a unha persoa e ferindo a unha trintena, e deixaron, o sábado, desconcertados a pequenos pobos e grandes cidades polos enormes danos. Tres persoas faleceron no condado de Sullivan, en Indiana.

Arkansas, con polo menos seis mortos, catro deles na pequena cidade de Wynne, atópase en estado de emerxencia despois de que un tornado golpease a cidade de Little Rock, onde deixou un falecido. O tornado esnaquizou casas, envorcou vehículos e lanzou árbores e entullos ás estradas mentres a xente corría en busca de refuxio. Pola noite, os funcionarios do condado de Pulaski confirmaban xa un falecido en North Little Rock.

A gobernadora de Arkansas, Sarah Huckabee Sanders, dixo nun chío que a policía e os servizos de emerxencia estaban a traballar para «axudar a calquera persoa ferida» e pediu aos residentes que se mantivesen atentos mentres o Servizo Meteorolóxico Nacional prognosticaba máis tormentas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?