Dous feridos graves tras derrubarse o escenario principal de ‘O Son do Camiño’

O escenario estaba sendo montado no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, para o festival O Son do Camiño, derrubouse este venres ás 13:00 horas e varios traballadores quedaron atrapados. Os servizos de urxencia traballan no lugar. Polo momento descoñécense as causas que provocaron o suceso. Tratouse do derrube do escenario principal do festival, segundo as primeiras informacións seis persoas quedaron afectadas polo derrubamento, dúas delas feridas graves. Un accidente que se produce a escasos días do inicio do evento. O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, confirmou desde o mesmo lugar do sinistro que os feridos foran trasladados ao Complexo Hospitalario de Santiago, e que «aparentemente non se teme pola súa vida». Polo momento non está en cuestión a celebración do festival que queda en función da evolución da investigación do sucedido por se fose preciso manter inalterado o lugar do accidente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha