Varios voluntarios acondicionan o Refuxio de Verdes, en Coristanco

0 minutes read

Este martes, un grupo de voluntarios estiveron recollendo lixo e acondicionando varios puntos da contorna do Refuxio de Verdes, no concello de Coristanco.

O goberno local agradece «esta implicación para a conservación e posta en valor dos espazos naturais do municipio» e piden a colaboración de todos os visitantes para coidar desta paraxe natural incluída na Rede Natura.