Varios voluntarios realizan limpieza e cuidado na Reserva da Biosfera mariñas coruñesas e Terras do Mandeo

1 minutes read

Esta iniciativa, que acada a súa segunda edición, ofrece un completo programa de actividades gratuítas que impulsan o coidado dun dos grandes tesouros de Galicia, o seu patrimonio natural. Así, esta fin de semana as mozas e mozos participantes eliminarán especies alóctonas e exóticas invasoras na contorna de Ponte do Porco e realizarán tarefas de limpeza e observación de aves e cetáceos na ruta Monumento Natural Costa de Dexo, entre outras actividades. A finalidade deste programa é potenciar e fomentar o respecto polo patrimonio natural de Galicia a través do impulso de accións de voluntariado nalgunha das súas xoias medioambientais.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, visitaron á quincena de voluntarios que están a realizar tarefas de limpeza e coidado das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, ao abeiro do Programa de voluntariado ambiental interxeracional da Xunta de Galicia.