Nova concentración dos veciños de Perillo en Oleiros, en protesta pola ocupación ilegal de tres vivendas. Nas vivendas ocupadas, en avanzado estado deterioración, hai polo menos seis persoas entre elas dous menores. Os veciños repetirán a protesta todos os luns e xoves enriba dunha das pasarelas que cruza a nacional sexta. Pero este non é o único conflito con ocupantes ilegais que hai na contorna da Coruña. No barrio de Palavea hai polo menos sete inmobles con ocupantes ilegais que son violentos, segundo os veciños. Algúns dos auténticos propietarios teñen os pisos por permutas de terreos, mentres que outras vivendas pertencen a entidades bancarias. Os afectados pídenlles ás autoridades que lle dean solución antes de que ocorra unha desgraza.
47