Veciños da parcelaria de montes de Aro-Campelo-Gonte, en Negreira, poderán tomar posesión dos seus predios en xullo

Limpeza dun monte

A Consellería do Medio Rural dá un paso máis na reestruturación parcelaria de montes de Aro-Campelo-Gonte, no concello coruñés de Negreira, coa toma de posesión provisional das novas parcelas. En concreto, o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, vén de asinar este acordo que permitirá aos veciños acceder aos predios de reemprazo no mes de xullo.

Neste proceso investíronse máis de 2,5 millóns de euros, a maior parte nas obras de construción da nova rede de camiños principais. Esta reorganización do territorio beneficia a 812 propietarios que contaban ao inicio do proceso con 6.252 parcelas, cunha superficie media de 1.406 metros cadrados. A día de hoxe hai 1.274 predios de substitución que teñen unha superficie media de 6.899 metros cadrados, un redimensonamento que lles permitirá facer os seus terreos máis operativos e competitivos.

En total, esta parcelaria afecta unha superficie de 880 hectáreas, a inmensa maioría de monte. Pero non é o único proceso aberto no municipio. A parcelaria de Broño II – A Pena – Landeira tamén está en fase de acordo. En total, o concello conta con 5.390 hectáreas xa concentradas, o que supón preto do 47% da superficie total do municipio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha