- O máis preocupante para eles, ademais dos ruídos, é a alta velocidade á que circulan os vehículos nesa zona.
Veciños/as e comerciantes da céntrica rúa Fomento de Carballo sumábanse a principio do pasado mes de xuño ás protestas dos residentes nas rúas Coruña, Horreo e Perú, pola falta de control sobre os ruídos e os horarios de peche de certos locais de hostalería nestas zonas https://nhdiario.esprotestas-xeneralizadas-en-carballo-por-ruido-nas-terrazas-fora-de-hora/?lang=gl. Ademais particularmente os veciños da rúa Fomento afirman no anonimato estar fartos da velocidade á que circulan os vehículos pola citada vía, sobre todo polas noites nunha zona limitada a 30 quilómetros por hora. Desde este sábado a preocupación é aínda maior debido a un gran tumulto formado de madrugada na contorna de varios locais de hostalería, con medio cento de persoas na rúa, que terminaría co apuñalamento dun veciño da parroquia de Berdillo. Piden máis control e presenza policial, sobre todo nas fins de semana.