Os residentes na zona das rúas carballesas Vila de Noia, de Corcubión, de Ordes e Avenida de Bergantiños, din estar fartos de pelexar contra infinidade de incomodidades no seu día a día. Afeitos sufrir a densidade do tráfico rodado desviado por esa zona, incluso o de grandes camións, agora acumúlaselles o deixamento dos propietarios dos cans que os sacan a pasear e non recollen os seus excrementos, os desvíos de tráfico, cortes e atascos derivados das obras interminables docolexio Fogar. Outro inconveniente engadido é o drenaxe da auga por falta de previsión na realización das obras de acondicionamento da Avenida de Bergantiños, onde a diario hai unha inmensa charca que asolaga a beirarrúa e o paseo, que en ocasións, obriga aos peóns a invadir a calzada para poder pasar.
21