Veciños de A Laracha mostran o seu malestar polo peche da escola infantil de Montemaior

Presentación de las iniciativas al Parlamento por parte del BNG de A Laracha por el cierre de la EEI Montemaior_Cedida

  • O BNG presentou publicamente este venres as propostas rexistras no Parlamento Galego contra o peche do centro

Membros do grupo municipal do BNG da Laracha, acompañados da deputada Mercedes Queixas, estiveron este venres presentando publicamente as iniciativas rexistradas no Parlamento Galego nas que demandan á Xunta de Galiza que dea marcha atrás na decisión de pechar a escola infantil de Montemaior, a última unitaria que queda no municipio.

Representantes da Federación de Anpas da Costa da Morte uníronse a un grupo de veciñas e veciños que se achegaron ao centro para expresar o seu malestar polo peche do mesmo, que conta con cinco nenos inscritos para o próximo curso escolar.

Para o BNG, a clausura desta escola, ademais de amosar o nulo interese do goberno do PP polo rural, supón «unha irresponsabilidade nun momento como o actual no que as escolas rurais son un valor engadido para a protección fronte a COVID», sinala o voceiro do grupo municipal do BNG na Laracha, Xoán M. Sande Muñiz.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha