32
- Os habitantes da zona din que se sinten «esquecidos» polas diferentes administracións
Xuntos Carballo segue recollendo novas queixas e demandas veciñais. Neste caso, os habitantes da parroquia de Baldaio móstranse descontentos co «esquecemento, por parte das diferentes administracións» dunha das zonas máis turísticas da localidade.
En concreto, as queixas prodúcense polo actual estado no que se atopa a pista que comunica co camping e que ademais é un camiño de tránsito polos residentes da zona. O secretario de Xuntos Carballo, Jesús Deus Gende, sinala que é necesaria unha mellora do firme definitiva xa que «se fan arranxos provisionais que para nada solucionan o problema de fondo».