Veciños de Entrecruces, a través de Xuntos Carballo, demandan solucións para a fonte e o lavadoiro

Fuente en la parroquia de Entrecruces_Xuntos Carballo

  • A formación asegura que da fonte non se pode beber «sen axeonllarse» e que a rampla do lavadoiro está «mal feita» e non permite usalo

O secretario local e voceiro da formación Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, Xesús Deus Gende, achegouse este días ata varios lugares da parroquia de Entrecruces para coñecer de primeira man os problemas que se encontran os veciños da zona. Entre as principais queixas atópanse o estado da fonte do lugar de A Baixa ou o lavadoiro, cuxa contorna foi acondicionada polo Concello «cun custo de máis de 5.000 euros». Uns traballos que xeraron moito malestar unha vez rematada a obra porque a «fonte quedou enterrada», dificultando que alguén poida beber dela, e «no lavadoiro non é posible lavar porque ten unha rampla tan mal feita que non se chega abaixo», afirman desde Xuntos Carballo.

Segundo a formación, os veciños piden que o Concello actúe e busque o xeito de poder empregar o lavadoiro e a fonte «sen ter que axeonllarse». Tamén demandan o acondicionamento do muíño que está nun estado «ruinoso» e das barandas da ponte que están oxidadas.

Lavadoiro na parroquia de Entrecruces_Xuntos Carballo