Veciños de Ferrol están impresionados polo que podería pasar si explota Reganosa

A plataforma ferrolana “Comité Cidadán de Emerxencia” está profundamente impresionada pola gravísima explosión de este martes en Beirut, imaxinando un accidente similar en Reganosa.

3 kilotóns de nitrato de amonio, un perigosísimo produto químico, usado para fertilizantes e explosivos, causou, coa súa explosión, 135 mortos, decenas de desaparecidos e 5.000 feridos. Danou a máis de media cidade, deixando a 300.000 personas sen fogar e destruíndo centos ou miles de comercios, industrias, medios de transporte, almacéns….
Esta explosión de 3kilotóns supón un 20% da bomba de Hiroshima (16 kilotóns).
Todos estes desgraciados sucesos lévannos inevitablemente a pensar nas horrorosas consecuencias dun accidente na ilegal e perigosa Planta de Gas de Reganosa, afirman desde a plataforma cidadá, permanente ameaza ás nosas vidas, que alberga unha potencia de 1.800 kilotóns, máis de 100 veces a bomba atómica citada, e 600 veces o que explotou en Beirut.