Veciños de Frades percorren a segunda etapa do Camiño Portugués

1 minutes read

Un grupo de 30 veciños e veciñas de Frades percorreron este pasado sábado a segunda etapa do Camiño Portugués, entre as localidades de Oia e Baiona. A próxima cita terá lugar o sábado 3 de abril, onde as persoas participantes sairán ás 7:30 horas da Casa do Concello para acometer a terceira etapa entre Baiona e Vigo. O prezo é de 10 euros por persoa e etapa. Inscricións no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567.

Unha vez completada a terceira etapa, as viaxes farán un alto para non coincidir coa programación de verán e volverán a partires do vindeiro mes de setembro.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?