Veciños de Malpica desfrutaron da obra ‘A Peste’, de Cándido Pazó, en Santiago

0 minutes read
  • Entre o elenco da obra, que pode verse no Salón Teatro, está o actor malpicán Santi Romay

Veciños e veciñas de Malpica achegáronse este venres ata o Salón Teatro de Santiago de Compostela para desfrutar da obra A Peste, dirixida por Cándido Pazó e composta por un gran elenco de actores do que tamén forma parte o malpicán Santi Romay.

A actividade estivo organizada polo Centro Dramático Galego, en colaboración coa Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes de Malpica.