Vendido en Santiago o primeiro premio da Lotaría Nacional deste sábado

0 minutes read

O primeiro premio da Lotaría Nacional, repartiu 600.000 euros á serie en total. A administración número 29, situada en Santiago de Compostela, foi a agraciada tras coñecerse a cifra no mediodía deste sábado: 78.793. A fortuna tamén viaxou a Xixón, Logroño e Badaxoz. Na administración, o luns saberán cantos décimos premiados, de 60.000 euros cada un, quedan en Galicia. E despois, volverán ao traballo coa ilusión de poder repartir máis cartos no sorteo especial de Nadal.