Vendidos en Malpica o cuarto e en Laxe e Carballo o quinto premio da Lotería de Nadal

1 minutes read

O premio gordo da Lotería de Nadal esquivou Galicia este 2021, pero varios décimos do cuarto e quinto premio deixaron varios millóns na comunidade e tamén salpicou de fortuna a Costa da Morte.

Quinto premio

92.052 foi o primeiro número premiado co quinto premio, que caeu no Porriño e na Coruña. Repártense 60.000 euros entre os clientes das administracións.

A administración Alexandra de Carballo tamén vendeu 2 décimos do 89.109, quinto Premio. É dicir, repartiu 6.000 euros por décimo entre os seus clientes.

26.711 foi o segundo número premiado co quinto premio, e caeu en Baiona.

O 24.198 foi o terceiro número premiado co quinto premio, que caeu en Laxe, onde se venderon dúas series, polo que repartiu 60.000 euros.

92.052 foi outro número premiado co quinto premio, que caeu no Porriño e na Coruña.

Cuarto premio

42.833 foi o primeiro número premiado co cuarto premio, que caeu na Coruña, en Santiago de Compostela, en Malpica de Bergantiños, en Lourenzá, en Lugo, en Vigo e na Illa de Arousa. En todos vendeuse unha serie. Repártense 200.000 euros.

91.179 foi o segundo número premiado do cuarto premio, que caeu na Illa de Arousa, onde se venderon 92 series, e en Caldas de Reis, onde se venderon 38.