O Goberno venezolano acusou a EE.UU. e ao deputado opositor Juan Guaidó, autoproclamado como presidente, de ser os responsables da “sabotaxe eléctrica” que deixou a varios estados do país nun completo apagamento desde o xoves 7 de marzo.
O vicepresidente Sectorial de Comunicación, Turismo e Cultura, Jorge Rodríguez, ofreceu un balance sobre a situación que vive o país tras a sabotaxe ao sistema eléctrico, que tachou como a “agresión máis brutal a que foi sometida Venezuela en 200 anos”.
De acordo con Rodríguez, o ataque cibernético ao Sistema de Control Automatizado de Regulación foi unha “arremetida brutal da administración de Donald Trump” para afectar o pobo venezolano.
“Imos presentar ante as instancias internacionais os tuits de Pompeo, de Guaidó e de (Marco) Rubio. Guaidó ten que explicar en que cabeza psicopática cabe manter a un país sen luz ata lograr os seus obxectivos políticos”, dixo Rodríguez, nunha mensaxe en cadena nacional.