Venezuela afirma que as causas dos apagamentos son ataques cibernéticos

O Goberno venezolano acusou a EE.UU. e ao deputado opositor Juan Guaidó, autoproclamado como presidente, de ser os responsables da «sabotaxe eléctrica» que deixou a varios estados do país nun completo apagamento desde o xoves 7 de marzo.

O vicepresidente Sectorial de Comunicación, Turismo e Cultura, Jorge Rodríguez, ofreceu un balance sobre a situación que vive o país tras a sabotaxe ao sistema eléctrico, que tachou como a «agresión máis brutal a que foi sometida Venezuela en 200 anos».

De acordo con Rodríguez, o ataque cibernético ao Sistema de Control Automatizado de Regulación foi unha «arremetida brutal da administración de Donald Trump» para afectar o pobo venezolano.

«Imos presentar ante as instancias internacionais os tuits de Pompeo, de Guaidó e de (Marco) Rubio. Guaidó ten que explicar en que cabeza psicopática cabe manter a un país sen luz ata lograr os seus obxectivos políticos», dixo Rodríguez, nunha mensaxe en cadena nacional.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha