Venezuela condena a subministración de armas a Ucraína


O ministro de Exteriores venezolano, Carlos Faría, asegurou que as accións de Occidente avivan a guerra tras a invasión rusa, cuxo inicio e desenvolvemento apoiou. Tras ser embaixador de Venezuela cinco anos en Moscova, Faría visitou ao seu homólogo Serguéi Lavrov, para expresar a condena do goberno de Nicolás Maduro ás sancións de Occidente. Lavrov, asegurou que Rusia está disposta a apoiar o diálogo entre o Goberno de Venezuela e a oposición. Subliñou que Rusia segue de preto os pasos que dá Finlandia en canto ao posible despregamento de infraestruturas militares da OTAN no seu territorio e na fronteira con Rusia. Rusia busca apoios que compensen económica e politicamente as sancións de Occidente. Con Venezuela reforzará a cooperación bilateral en polo menos 20 áreas nunha asociación estratéxica en América do Sur.