Venezuela deu marcha atrás e non expulsará á embaixadora da UE

1 minutes read

Venezuela deu marcha atrás e deixou sen efecto a expulsión da embaixadora da UE en Caracas, Isabel Brilhante Pedrosa. Segundo un comunicado conxunto difundido polo ministro de Relacións Exteriores de Venezuela, Jorge Arreaza, e polo xefe da diplomacia europea, Josep Borrell, esta decisión baséase «na necesidade de manter o marco das relacións diplomáticas, especialmente en momentos nos que a cooperación entre ambas as partes pode facilitar os camiños do diálogo político». Un diálogo que se crebou o martes, cando o presidente venezolano, Nicolás Maduro, deu setenta e dúas horas á representante da diplomacia europea en Caracas para que abandonase o país en resposta ás sancións impostas pola UE a once funcionarios chavistas por cometer actos e decisións contra a democracia e o Estado de dereito en Venezuela. Este xoves o réxime venezolano sufriu un serio revés por parte da Xustiza británica, que lle negou a autoridade ao Banco de Venezuela para retirar un depósito de mil millóns de dólares en ouro que mantiña no Banco de Inglaterra e que agora pon ao dispor do opositor Juan Guaidó, recoñecido como presidente interino de Venezuela por medio cento de países.