O Tribunal de Xustiza da Unión ditaminou que o país suramericano si pode en verdade recorrer as sancións impostas polo bloque comunitario. Venezuela, segundo a corte de Luxemburgo, está lexitimada para impugnar. A cuestión remóntase a finais de 2017, cando Bruxelas executaba unha serie de sancións a Caracas coa intención de «fomentar as solucións democráticas» neste país.
As medidas restritivas contemplaban a prohibición de viaxar á UE e a conxelación de activos en territorio europeo de 18 persoas con cargos oficiais ás que a UE considera «responsables de violacións dos dereitos humanos» e de «socavar a democracia e o Estado de dereito» en Venezuela.
Venezuela presentaba entón un recurso de anulación que o Tribunal Xeral tombaba ao considerar que non quedaba probado que ditas sancións afectáronlles directamente, polo que o considerou inadmisible. Agora, o Tribunal de Xustiza desestima á súa vez este ditame, e lembra que Venezuela debe ser tratada como persoa xurídica, e que por tanto está lexitimada para impugnar, sen ter que demostrar que os artigos impugnados lle afecten individualmente.
