Venezuela reábrelle as súas portas a Colombia. a vicepresidenta executiva venezolana Delcy Rodríguez anunciou a reapertura da fronteira comercial entre ambos os países, orixinalmente pechada pola presenza de «bandas paramilitares, bandas narcotraficantes e criminais colombianas».
A fronteira foi pechada ao paso de vehículos en agosto de 2015 por orde de Caracas e a circulación de persoas quedou suspendida tras a ruptura de relacións decidida por Nicolás Maduro en febreiro do 2019, cando o líder opositor Juan Guaidó tentou ingresar desde Cúcuta unha caravana de axuda humanitaria.
Moitos habitantes venezolanos mostráronse felices por esta decisión, e non perderon o tempo en aproveitar a reapertura. O presidente colombiano asegurou que xa deu instrucións á Dirección de Impostos e Aduanas Nacionais (DIAN), a Migración Colombia e á forza pública para que teñan «todo disposto para empezar todo ese proceso de maneira gradual, que empezo o máis pronto posible».