Venres negro: Dous lumes en Carballo e un morto na Laracha

Unha imaxe dos Bombeiros de Carballo

Tráxico inico da fin de semana, ou venres negro, se podería nomear o desta semana na Comarca de Bergantiños.

Todo semellaba tranquilo ata que pasadas as 6 da tarde o 112 Emerxencias Galicia daba a alerta dun incendio nunha caldeira dunha vivenda no lugar de Vilar de Cidre na parroquia carballesa de Oza. Acudiron ao lugar a Policía Local e os Bombeiros de Carballo, pero cando chegaron, xa os veciños tiñan o lume controlado e todo quedou nun susto.

Pasadas as 11 da noite de novo o 112 Emerxencias Galicia alertaba dun lume no lugar de Bértoa, preto do Polígono Industrial, acudiron Policía Local e Bombeiros do parque que extinguiron as lapas en poucos minutos, dado que se trataba dunha finca con toxos e silvas sen perigro para as vivendas.

Morto na Laracha:Peor sorte tivo J.R.C, un home de 66 anos veciño de Gosende, na parroquia de Soutullo no concello da Laracha, ao parecer estaba en Golmar cortando ramas dun castaño que cedeu e se lle veu enrriba. Acudiron ao lugar a Policía Local e Protección Civil da Laracha, a Garda Civil e unha ambulancia do 061, pero tan só puideron certificar a morte do home que faleceu case no acto. Un médico forense acudiu ao levantamento do corpo que foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para practicarlle a autopsia.