Verín e Xinzo loitarán contra as agresións sexuais durante o Entroido

dpm.

En concellos como Xinzo ou Verín traballan para evitar agresións sexuais durante o Entroido, cando se multiplica por catro a súa poboación. E vano facer instaladno cámaras de videovixiancia, ademais de puntos de asesoramento e prevención aos que poden acudir as vítimas.

7 puntos violeta que se habilitarán durante este Entroido en Xinzo. Lugares onde se ofrecerá asesoramento e axuda ás vítimas dunha posible agresión sexual. Completando o seu labor durante os catro días fortes da festa haberá unidades de prevención formadas por profesionais especializados neste tipo de delictos.

O obxectivo, que todas as mulleres que acudan a disfrutar do entroido limiao se sintan seguras.
Ademáis instalarase un posto de mando avanzado da Axencia galega de Emerxencias con cámara de videovixilancia, o sábado que é o día de máis afluencia de xente.

Medida que tamén se levará a cabo o xoves de comadres en Verín, onde tamén se reforzará a seguridade para evitar as agresións sexuais durante o entroido.