Verónica Villa, do IGFAE, achega a ciencia ao IES Eduardo Pondal de Ponteceso

Charla científica en el IES Eduardo Pondal de Ponteceso_Cedida

  • Na xornada de onte explicoulle ao alumnado do centro o mundo das ondas gravitacionais

Este xoves o Club de Ciencia do IES Eduardo Pondal de Ponteceso organizou unha charla divulgativa coa investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías-IGFAE, Verónica Villa Ortega, como convidada. A actividade versou sobre o mundo das ondas gravitacionais e rematou cun turno de preguntas no que os buratos negros e os misterios do universo foron as principais curiosidades do alumnado.

Este tipo de iniciativas, onde os institutos colaboran con centros punteiros de investigación, están pensadas para que os alumnos teñan unha «maior comprensión da actividade científica», sinalan desde o centro escolar, fomentando ademais a vocación pola ciencia.