Vertedura de cristais en Carballo


É unha magoa que aínda haxa xente tan pouco concienciada co respecto ao medio ambiente e aos demais, porque a maiores do dano ecolóxico existe o risco de que un neno ou mesmo un adulto se poida lesionar nunha vertedura de cristais, nada menos, no acceso a unha leira na rúa Antón Fraguas en Carballo. Desde aquí facemos un chamamento a reciclar, pero sobre todo, a utilizar os puntos indicados para o depósito de residuos, que haber hainos.

Ubicación da vertedura