26
O tramo fluvial onda o polígono industrial do Acevedo en Cerceda presentaba este martes varias mostras de contaminación e mesmo hai zonas con cheiro desagradable. A imaxe reflicte unha vertedura de consecuencias mortais para as troitas, como denunciaron desde a Sociedade de Pesca Río Lengüelle. Sospeitan que a orixe está en que no polígono hai empresas que non están conectadas á rede da depuradora e verten ás canalizacións de pluviais elementos contaminantes que acaban no leito do río. Ademais afirman que isto pasa con demasiada frecuencia. Dende a Sociedade de Pesca afirman que dar co causante das verteduras non é doado, porque xeralmente adoitan facelo en horas en que non se vexa moito nin haxa testemuñas.