Vía libre ao derrubamento do Garañón de Lugo

0 minutes read

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural notificou ao Concello de Lugo a resolución que autoriza o proxecto de demolición do edificio do Garañón e da urbanización no ámbito do URPI-58 do PXOM, así como da restitución ao estado orixinal dos terreos. A resolución foi asinada e remitida a primeira hora da mañá, como as de todos os asuntos tratados na reunión do Consello Territorial de Patrimonio Histórico de Lugo celebrada o pasado venres. A Dirección Xeral é favorable ao proxecto presentado, indicando que calquera modificación deste requirirá dunha nova autorización.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?