Vía libre as obras de mellora da seguridade peonil na DP 5811 en Oleiros


A Deputación da Coruña acolleu esta mañá a sinatura do contrato coa empresa Construcciones Ogando, adxudicataria das obras, que terán un prazo de duración de cinco meses.

Os traballos consistirán na construción dunha plataforma peonil de 1,50 metros de ancho que enlazará os tramos de senda xa existentes neste viario. Os novos tramos proxectados irán pola marxe esquerda no primeiro quilómetro da estrada e pola dereita ( do pk 1+320 ao 2+120) pola dereita.

A senda executarase en mestura bituminosa en quente, separando a zona entre beiravía e plataforma con bordo de formigón prefabricado. Inclúese a construción dun sistema de drenaxe lonxitudinal con canalización, na que tamén se fará unha preinstalación para o soterramento do cableado do alumeado público.

As obras executaranse primeiro por unha marxe e despois pola outra, de modo que poida manterse en servizo un dos dous carrís en todo momento.