- Todos os trámites do servizo de auga poderán realizarse a través da páxina web ou dun teléfono gratuíto que incorpora, ademais, a Cita Previa Telefónica.
Viaqua transformou o seu servizo de atención ao cliente reforzando as súas canles virtuais para proporcionar unha atención de calidade aos usuarios, garantindo a seguridade e saúde dos seus empregados e clientes. A ‘nova normalidade’ require unha evolución na atención ao cliente, evitando ao máximo posible os desprazamentos e a sobreutilización de recursos materiais e ambientais.
O persoal que atendía de forma presencial na oficina, antes do peche pola pandemia, continuará facéndoo a través do teléfono gratuíto 900 201 230, dispoñible de luns a venres de 8 a 21 horas para consultas ou xestións comerciais, garantindo o trato personalizado. Ademais, a través da área de clientes da páxina web de Viaqua (www.viaqua.gal) os usuarios poden realizar todas as xestións relativas ao seu contrato de auga en calquera momento e desde calquera dispositivo (computador, Tablet ou teléfono móbil). Para mostrar as principais xestións que se poden levar a cabo nesta plataforma, en Viaqua poñemos ao dispor dos usuarios, a través da páxina web e da canle de Youtube , uns vídeos titoriais breves e sinxelos nos que se explica o funcionamento.