- O piloto de Dumbría bateuse durante toda a xornada cun Alberto Meira que abandonou no último tramo.
Senra suma así o seu terceiro título autonómico, o primeiro co Citroën C3 R5 que xestiona o equipo cántabro Race Seven. Ademais de Meira, tamén abandonou baixo o ballón o que ata ese momento era terceiro clasificado, o tamén coruñés Iago Caamaño (con Alberto Rodríguez como copiloto). Desta forma, o segundo chanzo do podio foi para o piloto de Salceda, Jorge Pérez Oliveira, que copilotado por Avelino Martínez (Renault Clio N5) e o terceiro para Luís Vilariño e Néstor Casal, que debutaron de forma brillante (a pesar dalgún contratempo) co Citroën Ds3 R5.