Vieiro acolle en prácticas a unha alumna do CIFP Ánxel Casal

Sabela Andrade Leis

  • Sabela Andrade Leis realizará as prácticas do ciclo formativo en Grao Superior de Integración Social

A asociación antidroga Vieiro, con sede en Carballo, acolle nas súas instalacións a Sabela Andrade Leis, alumna en prácticas do ciclo formativo en Grao Superior de Integración Social do CIFP Ánxel Casal Monte Alto da Coruña. Isto é posible grazas a un convenio entre a entidade e o centro escolar.

O obxectivo desta colaboración é crear unha base máis sólida para a formación integral do estudante, «capacitándoo correctamente para a súa inserción no mundo ocupacional», destacan desde Vieiro.