Vieiro agradece a colaboración para o ingreso dun paciente nun centro terapéutico

Imaxe agradecemento colectivo Vieiro_ Cedida

Desde a Asociación Vieiro emitiron un comunicado no que agradecen o grao de colaboración, disposición e facilitación que prestaron os distintos organismos e entidades de Carballo: Policía Local, Centro de Saúde, Servizos Sociais, a UCA e un Taxista, á hora de materializar e facer posible entre todos a través dun laborioso e complicado engrenaxe de xestións, un ingreso nun centro terapéutico dun Carballés con problemas de adiccións, aínda a pesar da difícil situación actual xerada pola crise sanitaria.

Este ingreso realizouse nun centro de Ourense nun momento complicado, xa que a maior parte de centros de atención a adiccións non realizan admisións de novos casos por motivos da pandemia do Covid 19. Despois de levar a cabo diferentes xestións por parte de persoal de Vieiro en centros de toda Galicia, unha vez informado o paciente e logo de aceptar o ingreso, desde A Asociación recorreuse a diferentes servizos de Carballo para conseguir os medios segundo os requisitos e necesidades que se expuxeron para a súa admisión.


Vieiro agradece en primeiro lugar, á POLICIA LOCAL DE CARBALLO, que facilitou a comunicación achegándose varios días para localizalo e para que así puidésen falar con el para realizar as xestións para o seu ingreso, ao que igual que acudiu ao centro de saúde para recoller documentación e encargouse do traslado do paciente ata Ourense.

Aos SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE CARBALLO, polo pago do taxi, brindándose tamén ao abono da medicación e os útiles de aseo se lle fixesen falta, aínda que non foi necesario. Xestionaron a colaboración da Policía Local para que o visitasen e poñelo en contacto telefónico con Vieiro e así poder falar con el, e como non a importantísima xestión co centro de saúde para a realización da proba do Covid 19, que era unha cuestión necesaria para o ingreso do paciente.

Ao CENTRO DE SAÚDE, a través da súa traballadora social que xestionou co seu médico para que lle fixesen a proba do Covid 19 e dun admistrativo que facilitou a entrega da documentación, previa autorización do paciente e do propio centro.

Á UCA, que facilitou un informe e así poder levar a cabo a derivación oportuna.

Para finalizar ao TAXISTA que o trasladou a realizar o test da proba do Covid-19 á Coruña, porque nestes momentos non se brindaron moitos para realizar este servizo. Está claro que, en situacións extremas, cando as vontades se unen colectivamente nun único fin solidario e se traballa en equipo, pódense conseguir obxectivos que en principio parecían difíciles de alcanzar.

Desde Vieiro reiteran o seu agradecemento a todos os participantes, cada un na medida das súas accións, pero sen a colaboración de cada un non se podería conseguir este obxectivo.