Vieiro agradece o apoio constante recibido de Conservas Calvo e da Fundación Luís Calvo Sanz

Luciano Calvo Pumpido, presidente da Fundación Luís Calvo Sanz, e Xosé María Arán Rodríguez, vicepresidente de Vieiro, asinaron o convenio de axuda da Fundación a Vieiro para este ano 2026.

Vieiro naceu en 1991 e desde os seus principios, naceu cunha “lata de conservas baixo do brazo”, coa participación da familia Calvo entregada neste proxecto promovido pola sociedade carballesa. Desde Chicha Calvo, que pertenceu á primeira xunta directiva de Vieiro e con Luciano Calvo, que apoiou á entidade desde os seus inicios sobre todo na xestación de programas preventivos no deporte con aquel famoso slogan “O mellor vieiro é o deporte”.

Á parte das súas achegas persoais, Vieiro tamén recibiu a colaboración económica ano tras ano, primeiro directamente pola empresa Conservas Calvo e desde hai uns anos a través da «Fundación Luís Calvo Sanz”.

Moitas foron as accións que se desenvolveron con estas aportaciónes económicas anuais: programas preventivos, axudas económicas para familias e enfermos de adiccións, entrega de material como computadores ou mobiliario…


«Xa van 35 anos e esperemos que, se segue sendo necesario o noso labor, poidamos seguir contando coa inestimable axuda da Fundación “Luís Calvo Sanz” por moito anos», subliñan desde Vieiro.

«Temos que agradecer á familia Calvo que nos teñan sempre presentes e agradecerlles que sempre que chamamos á súa porta, nunca, pero nunca, existiu un non ás nosas peticións. Isto lémbrao sempre o noso vicepresidente Xosé Mª Arán, “que de ben nados é ser agradecidos” que desde aquel ano 1991 sempre foi o interlocutor entre Calvo e Vieiro», proseguen desde Vieiro.

«Queremos agradecer a D. Luciano Calvo Pumpido, presidente da “Fundación Luís Calvo Sanz”e do Grupo Nauterra, a súa xenerosidade, apoio, humildade e agarimo que nos transmite en todo momento, vaia pois a nosa gratitude, porque non sempre o que máis ten é o que máis dá. De corazón Grazas! e que o noso “vieiro” siga unido, conclúen desde a asociación carballesa.

Related posts

Evacuado en helicóptero un home ferido de gravidade tras un accidente cun guindastre en Bande

Desde o 13 de abril xa te podes inscribir para a 10k Carballo

O Concello da Laracha presenta a nova edición do programa ‘Andainas na Primavera’