Vieiro arrinca unha nova edición do programa ‘Na horta cos meus amigos’

Vieiro

  • Trátase dunha actividade onde os nenos de 3º e 4º de primaria poden identificar e compartir as súas emocións

A Asociación Vieiro, dentro da súa programación no ámbito escolar, puxo en marcha nos centros educativos carballeses a iniciativa Na horta cos meus amigos, dirixido a nenos e nenas de terceiro e cuarto de primaria. O obxectivo deste programa é «contribuír á maduración psicoafectiva, á adquisición de hábitos de saúde e benestar e ao comezo dun traballo preventivo sobre condutas de risco en etapas máis temperás», indican desde a entidade.

Esta actividade está composta por oito sesións de 55 minutos onde os contos protagonizados por hortalizas reflicten situacións persoais similares ás que poden vivir os pequenos no seu día a día como o medo, as burlas, as mentiras, os castigos inxustos ou a presión de grupo. Trátase, en definitiva, de que os nenos aprendan a compartir as súas emocións @teniendo en cuenta que existen diferentes formas de reaccionar #ante un problema.

Este programa é impartido polos educadores sociais Adrián López e Iria Villar, e a pedagoga Dalila Vizcaíno.