Vieiro chega este mércores aos institutos de Carballo co seu programa ‘Quéreme ben’

Cedida

  • Trátase dun programa preventivo para elevar o nivel de saúde sexual na poboación adolescente

A asociación Vieiro, con sede en Carballo, poñerá en marcha este mércores 26 o programa de educación afectivo-sexual ‘Quéreme ben’. Enmarcado dentro das actividades dirixidas ao ámbito escolar, esta vez os oíntes serán os alumnos 3º e 4º da ESO dos diferentes institutos do municipio carballés.

Desde a entidade explican que o obxectivo deste programa preventivo é «incrementar o nivel de coñecemento, habilidades e desenvolvemento de actitudes que contribúan a elevar o nivel de saúde sexual na poboación adolescente» propiciando así «a diminución das condutas de risco na prevención de embarazos non desexados ou enfermidades de transmisión sexual».

‘Quéreme ben’, subvencionado polo Concello de Carballo, consta de catro sesións que se impartirán en formato taller cada semana.

Related posts

Medio Rural avalía vías de colaboración para o desenvolvemento da aldea do Couto, en Ponteceso

O Concello de Zas impulsa un Directorio Empresarial para dar visibilidade aos negocios locais na nova web municipal

Mar de Fábula coordinou a recollida de 1.370 quilos de lixo mariño na praia do Lago en Camariñas