Vieiro continúa coas súas xornadas formativas para pais en Carballo

'Mar de redes'_Vieiro

  • Desenvolvéronse dous talleres: un sobre as novas tecnoloxías e outro sobre a igualdade de xénero e os roles

O antigo colexio de Nétoma-Razo, na localidade de Carballo, acolleu esta semana dúas xornadas formativas da man da asociación antidroga Vieiro.

As conferencias estaban dirixidas ás familias dos mozos e nas mesmas desenvolvéronse dous talleres. Un deles foi ‘Mar de redes’, no que se abordaron diversos aspectos relacionados co uso das novas tecnoloxías e Internet, mentres que en ‘Quéreme ben’ falouse sobre a igualdade de xénero e os roles que desempeñan as mulleres e os homes na sociedade.

Este último taller complementouse con ‘Sexualidade en familia’, cuxo obxectivo é informar a pais e nais das claves, habilidades e actitudes que lles poden servir de guía na educación sexual dos seus fillos.