Trátase dunha iniciativa subvencionada pola Deputación da Coruña orientada a previr as condutas adictivas entre mozas e mozos adolescentes, que pretende promover unha cultura de saúde e benestar entre a poboación xuvenil.
O obxectivo principal deste programa é sensibilizar ao alumnado sobre os riscos asociados ao consumo de drogas e outras adiccións, tanto con substancias como sen elas. A través de talleres participativos e actividades educativas, búscase fomentar o pensamento crítico, o desenvolvemento de habilidades sociais e a adopción de hábitos de vida saudables.
O programa baséase nunha metodoloxía participativa dentro da aula, onde o alumnado debate, comparte experiencias e aprende ferramentas para tomar decisións responsables. Estas actividades permiten que os mozos reflexionen sobre as consecuencias físicas, psicolóxicas e sociais que poden derivarse destas condutas.
Con esta iniciativa, a asociación Vieiro reafirma o seu compromiso coa prevención e a educación para a saúde entre a mocidade, apostando pola información, a reflexión e a participación activa do alumnado como ferramentas clave para previr condutas de risco.