A Asociación Vieiro representada por Josefina Rey Baldomir (Presidenta) e Mª del Pilar Mata Fernández-Balbuena (Secretaria) mantivo unha xuntanza na sede da entidade coas orientadoras dos IES do Municipio de Carballo: Dna Mara Lema Agra do IES Parga Pondal, Sara Fernández Pose do IES Monte Neme, Mª José Vilarelle do IES Alfredo Brañas e Cristina Baldomir do CPR Artai para ofertar as propostas preventivas da asociación nos ámbitos escolar e familiar a todos os centros de ensino secundario e poñelas a súa disposición, sendo o obxectivo colaborar coa comunidade educativa para ofrecer ao alumnado unha educación integral de calidade.
Os servizos preventivos no ámbito educativo inclúen intervencións educativas co alumnado a través dos seguintes programas:
-Non pasa nada ¿Pasa algo?
– Intervención Socio-Educativa na Aula
– Programa: Constrúe
– Programa: Constrúe o teu mundo
– Saúde na escola
– Programa: Habilidades Socio-Emocionais
– Programa: Na horta cos meus amigos
– Programa de educación afectivo – sexual
Polo que respecta ao ámbito familiar:
(Escolas de Pais/Nais)
Familias con fillos/as con primeiros consumos
Familias con fillos/as con problemas de conduta