O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinou un convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. No acto estiveron presentes, así mesmo, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada e o vicepresidente de Vieiro, Xosé Mª Arán Rodríguez.
O obxectivo principal deste convenio é renovar o servizo que a Asociación Vieiro vén prestando desde hai anos ao toxicómano/a e familias para atender as demandas xudiciais que teñan pendentes. A súa finalidade é orientar e asesorar a toxicómanos/as e familias sobre temas xurídicos, administrativos, civís ou sociais facilitando os medios humanos e materiais que sexan necesarios. O perfil dos destinatarios do programa correspóndese cunha franxa comprendida entre os 16 e 68 anos de idade que viven nun medio entre o rural e o urbano e que pertencen a unha clase media-baixa en canto a nivel de ingresos e nivel cultural se refire.
Un 50% vén derivado doutros servizos e institucións dedicadas ao tratamento de condutas adictivas da Xunta de Galicia, seguido dun 42% dos/as usuarios/as que demanda persoalmente o servizo por propia iniciativa. Contorna a outro 4% son familiares e/ou amigos os que acoden a pedir información/orientación en materia xudicial e un 4% son derivados de servizos do Sergas.
