Vieiro impartirá o seu programa DES-CONECTA nos centros de APEM e ASPABER

Lara Periscal Taibo, psicóloga de Vieiro_Cedida

  • Celebrarase o vindeiro luns e centrarase no uso responsable das novas tecnoloxías

A asociación Vieiro desenvolverá o seu programa DES-CONECTA, centrado no uso seguro das novas tecnoloxías, este luns 23 na sede da Asociación Prol Enfermos Mentais (APEM) e a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (ASPABER). A de APEM empezará ás 10.00 horas e a de ASPABER ás 11.30 horas.

Abordaranse diversos aspectos coa finalidade de dotar de coñecementos básicos aos usuarios sobre o mundo dixital e o bo uso das novas tecnoloxías. A encargada de impartir estas xornadas será a psicóloga Lara Periscal Taibo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha