33
- Abórdanse condutas aditivas relacionadas co consumo de substancias e o uso das novas tecnoloxías
A asociación antidroga Vieiro, dentro da súa programación de prevención no ámbito xuvenil, oferta o programa ‘Xogo limpo’ destinado a todos os clubs deportivos do municipio de Carballo. A través desta actividade abórdanse condutas aditivas relacionadas co consumo de substancias e o uso das novas tecnoloxías.
‘Xogo limpo’ divídese en sesións informativas para os responsables das entidades deportivas e talleres dirixidos aos propios xogadores. As clases teñen unha duración dunha hora e media e estarán adaptadas á idade dos participantes.
Máis información chamando ao 981 756 161.