Vieiro inicia os traballos de prevención para loitar contra o botellón

Interior asociación Vieiro_Cedida

  • Desde a asociación sinalan que as festas particulares son perigosas, tanto polo consumo de alcol como polo risco de transmisión do coronavirus

A asociación Vieiro segue traballando para axudar ás persoas con algún tipo de adicción durante esta «nova normalidade».

Ademais, e tendo en cuenta a actual situación da crise da COVID-19 pola cal os mozos se reúnen para celebrar festas particulares e botellóns, Vieiro iniciou os traballos de prevención e sensibilización fronte a un problema que pode desencadear graves consecuencias. «Neste momento este tipo de reunións poden ser perigosas, tanto polo consumo de alcol como polo risco de transmisión do coronavirus», sinalan desde a asociación.

Lembran que para calquera tipo de consulta, información ou asesoramento, a asociación está dispoñible a través do teléfono 981756161, correo electrónico vieiro@vieiro.org ou na páxina web.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha