Vieiro inicia tres novas ‘Escolas de familia’ na comarca de Bergantiños

Escolas de familia_Vieiro

  • Dúas delas desenvólvense na localidade de Carballo e outra en Coristanco

Esta semana a asociación Vieiro iniciou tres novas ‘Escolas de familia’ en Carballo e Coristanco. Trátase de sesións destinadas a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar para que conten con máis ferramentas á hora de educar aos seus fillos e que tomen conciencia sobre a importancia da familia como axente preventivo.

A formación en Carballo desenvólvese no centro social situado na praza de Alfredo Brañas (un venres cada quince días de 19:30 a 21:00 horas) e tamén no antigo colexio de Nétoma (un venres ao mes en horario de 20:15 a 21:45 horas). En Coristanco ‘Escolas de familia’ ten lugar no edificio de servizos múltiples todos os luns de 19:30 a 21:00 horas.

As sesións, previstas ata o mes de maio, están impartidas por unha psicóloga e unha educadora social. Entre os temas que se abordan atópanse a xestión de emocións, a autoestima, normas e límites, resolución de conflitos, sexualidade, adiccións ou técnicas de estudo.

As persoas interesadas en acudir a algunha escola poden anotarse na propia asociación chamando ao 981 756 161 ou a través do Whatsapp 604 075 815.

Related posts

Zas acolleu a presentación do libro “Que quede entre nós”

O Festival de Humor da Laracha regresará no mes de maio

A parroquia de Carballo cede un local á asociación Un Paso Máis para facilitar a súa actividade social