Vieiro instruirá aos máis novos sobre o uso adecuado das novas tecnoloxías

1 minutes read
  • A charla celebrarase o vindeiro luns ás 11:30 horas no CPR Artai

A psicóloga Patricia Rodríguez Villar da asociación Vieiro de Carballo impartirá unha charla no CPR Artai sobre o uso adecuado das novas tecnoloxías.

«Desconecta» é o nome deste coloquio que se celebrará o vindeiro luns 27 ás 11:30 horas e que estará formado por unha serie de contidos coa finalidade de dotar ao alumnado de 2º de ESO dos coñecementos básicos para un uso responsable das novas tecnoloxías.

A intervención, que se centrará principalmente no uso adecuado da internet, videoxogos e teléfonos móbiles, pretende crear un debate sobre os riscos que existen entre afección e adicción, así como dotar aos mozos de fórmulas e ferramentas seguras para un uso adecuado das redes.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?