Vieiro manterá activo ata o mes de maio o programa ‘Protego’

Mª del Carmen Bello e Fina Rey, na presentación de 'Protego'_av.

A Presidenta Fina Rey e a Responable de Formación de Vieiro Mª del Carmen Bello, presentaron este programa de adestramento en parentalidade positiva e habilidades educativas dirixido a pais e nais con fillos e fillas de entre 9 e 13 anos.

‘Protego’ trata de promover a parentalidade positiva nos pais e nais con fillos e fillas preadolescentes e a mellora das habilidades educativas: comunicación, establecemento de normas e límites, supervisión, fortalecemento dos vínculos entre pais e fillos e clarificación da posición familiar respecto ás condutas problemáticas e de risco.

Obxectivos do programa:
• Mellorar a cantidade e calidade da comunicación familiar.
• Fortalecer os vínculos entre pais e fillos e a vinculación dos fillos á familia.
• Mellorar o seguimento e a supervisión da conduta dos fillos.
• Aumentar a utilización de métodos de disciplina positiva por parte dos pais/nais.
• Capacitar ás familias para establecer normas de conduta aos fillos, claras e coherentes.
• Mellorar a capacitación dos pais/nais para definir normas familiares sobre diferentes condutas problemáticas da adolescencia, como o uso de sustancias.
• Aumentar nos fillos/as a percepción de desaprobación familiar cara ás condutas problemáticas, tales como o consumo de sustancias.
• Aumentar o uso de estratexias de resolución de problemas na educación dos fillos/as.

Este programa estará activo ata o mes de maio, cunhas sesións que teñen unha hora e media de duración. Aínda que a participación é totalmente gratuita, require un compromiso de asistencia para favorecer a continuidade e o bo funcionamento dos grupos.

As persoas interesadas poden inscribirse contactando coa asociación Vieiro no teléfono 981 75 61 61 ou por WhatsApp ao 604 07 58 15. Para calquera consulta, poden utilizar estes mesmos canais.


Related posts

Ponteceso celebrará en maio a primeira Festa do Maior

A Garda Civil detén a un home como presunto autor dun delito de furto en Arteixo

O Concello de Zas denuncia a censura da TVG sobre a noticia do estado dun poste de teléfono en Baio