32
- Están dirixidas a pais, nais ou titores
A asociación Vieiro, con sede en Carballo, ofrece ás familias de Ponteceso charlas de prevención de condutas aditivas e sobre a correcta utilización das redes sociais. Unha iniciativa que xorde pola necesidade de abordar este tipo de problemas entre os adolescentes xa que os proxenitores non dispoñen de ferramentas ou estratexias para previr unha relación de dependencia coas novas tecnoloxías ou os estupefacientes.
As persoas interesadas poden anotarse no 881 983 223.